A gaita do fol é un símbolo tradicional europeo dende a idade media, que perdura nalgunhas zonas ata hoxe pero, tal vez, máis que en ningún sitio en Galicia (noroeste peninsular). A iconografía gaiteira en Europa dende o século X confirma un protagonismo grande deste instrumento na vida social. A ela vai unida a figura do gaiteiro, imprescindible no entorno galego tradicional que, pola longa historia que ten detrás, resulta ser un persoaxe rancio de características moi marcadas en xeral, tanto sociais coma musicais.
Copyright © 2024 CliqueApostilas | Todos os direitos reservados.