A cousa comezou mal desde o ano pasado, cando, a pesares de haber un cambio político na Xunta, voltou a ser Fraga o convidado á festa. Pero naquela ocasión os xornais nos soprendían cunha nova como a seguinte: "Fraga anuncia "Fraga anuncia "Fraga anuncia que volverá a la que volverá a la fiesta, pero no en primera línea", fiesta, pero no en primera línea", algo que como veremos incumpliu o ex-presidente. Porén, os erros repetíronse ao ano seguinte."Tourís tienta a Touriño con el título de «cabaleiro» si ayuda al Albariño".Como pode un alcalde tratar con tal desprezo ao presidente da Xunta de Galiza? A forma de actuar do señor Tourís deixou patente que se hai tensións Compostela-Calzada é porque ao noso alcalde interésalle que as haxa para logo dicir o que leva dicindo un ano: que a Xunta é un goberno sectario que discrimina aos concellos do PP. Moita cara teñen ao afirmar isto despois de dazaseis anos de neo(e vello)caciquismo e de favoritismos liderados polo Gran Mestre. Pero é que ademais é por este motivo que o aporte de menos cartos por parte do bipartito é completamente xusto. O Albariño é importante, si. Mais agora hai que repartir os cartos entre TODOS os concellos, cousa que non pasara en anos anteriores (quizais por iso Tourís estea mal acostumado).
Copyright © 2024 CliqueApostilas | Todos os direitos reservados.